Towards a social dialectometry: the analysis of internal border effects
Data de publicació
2024ISSN
1889-2566
Resum
Neste artigo, buscamos ampliar o alcance dos estudos de fronteira na dialectoloxía e demostrar que as fronteiras políticas intraestatais poden impactar os contínuums dialectais tan significativamente coma as fronteiras políticas interestatais. A nosa análise céntrase nos procesos de cambio lingüístico que están a ter lugar a ambos lados da fronteira entre Cataluña e Aragón, en España. Pretendemos achegar a dialectometría e a sociolingüística empregando modelos de regresión mixta aditiva xeneralizada. Este enfoque permítenos analizar simultaneamente un gran corpus de elementos recollidos de catro xeracións e avaliar que variables sociais son responsables deste efecto fronteira interno. En primeiro lugar, os nosos resultados confirman que a fronteira interna entre Cataluña e Aragón, derivada de dous procesos simultáneos de adverxencia vertical (cara ao catalán estándar en Cataluña e cara ao español estándar en Aragón), ten un efecto máis forte que a fronteira internacional entre España e Andorra. Este achado subliña a necesidade de investigar as fronteiras internas nos estudos de converxencia e diverxencia lingüística. En segundo lugar, os nosos resultados indican que os principais predictores do cambio son o ano e a rexión de nacemento dos falantes. Isto demostra que o efecto fronteirizo debe ser atribuído ás consecuencias a longo prazo de pertencer a entidades administrativas distintas máis ca a calquera outro factor social. Finalmente, tras comparar varios indicadores da evolución sociolingüística dos dialectos cataláns de Aragón, concluímos que o descenso na vitalidade etnolingüística da lingua en retroceso durante este proceso de substitución lingüística se correlaciona cun aumento na hibridación estrutural causada pola adverxencia cara á lingua en expansión. Isto suxire a necesidade de explorar máis a fondo se a hibridación é unha causa, un mecanismo ou un resultado dos procesos de substitución lingüística.
Tipus de document
Article
Versió del document
Versió publicada
Llengua
Anglès
Matèries (CDU)
8 - Lingüística i literatura
Paraules clau
Pàgines
27
Publicat per
Universidade de Santiago de Compostela
Col·lecció
16
Publicat a
Estudos de Lingüística Galega
Citació
Valls, Esteve; Wieling, Martijn. Towards a social dialectometry: the analysis of internal border effects. Estudos de Lingüística Galega, 2024, 16, p. 1-27. Disponible en: <https://revistas.usc.gal/index.php/elg/article/view/9725>. Fecha de acceso: 14 may. 2025. DOI: 10.15304/elg.16.9725
Nota
This research was partly funded by the project Native and non-native phonology: analysis and creation of digital resources (PID2020-113971GB-C21), financed by MCIN/AEI/10.13039/501100011033.
Aquest element apareix en la col·lecció o col·leccions següent(s)
- Humanitats [159]
Drets
© Universidad de Santiago de Compostela. This is an open access article distributed under the terms of the Creative Commons Attribution-NonCommercial-NoDerivatives 4.0 International (CC BY-NC-ND 4.0) ) License
Excepte que s'indiqui una altra cosa, la llicència de l'ítem es descriu com https://creativecommons.org/licenses/by-nc-nd/4.0/